Montañismo

Josefina Maestu presidenta da Federación Galega de Montañismo

O pasado fin se demana celebrouse en Vigo, na casa do Deporte da Xunta de Galicia, a Asamblea Xeral da Federación Galega de Montañismo (FGM) que elixiu tanto a presidencia como a Comisión Delegada dos vindeiros catro anos.

Óscar Gómez

Ourense | 07.12.2022 08:09

Josefina Maestu presidenta da Federación Galega de Montañismo | onda cero

Para asumir a presidencia da FGM presentaronse duas candidaturas. A primeira viña encabezada por Adolfo Puch, quen presidiu o ente federativo dende o ano 2010 ata a actualidade, e dicir as últimas tres lexislaturas. A outra, correspondiu a Josefina Maestu, nada

en Vigo fai 49 anos, e residente en Cambre (A Coruña).

Os resultados para a presidencia da FGM foron os seguintes:

- Adolfo Puch: 12 votos (20,68%).

- Josefina Maestu 43 votos (74,13%)

- Tres votos an blanco (5,19%).

A continuación foron elixidos os membros da Comisión Delegada da FGM que foron:

- Clubs: Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU), Club de Montaña Xesteiras, Club deMontaña Vértice.

- Deportistas: Elvira Verea López de Guereño.

- Técnicos: Javier Aradas Mariñas.

- Árbitros: Xosé Lois Freixeiro López.

A nova presidenta, que tomará posesión oficialmente o vindeiro día 13 de decembro, presentou na campaña electoral o Plan Estratéxico da FGM, integrado por mais de 100 medidas encaminadas a modernizar as estructuras e relevancia social do montañismo galego.