Entre as distincións deste 2022, o deporte do hóckey galego estivo representado na persoa de Jaime Amorín, presidente do Hóckey Club Barrocás (Ourense). Recibe esta distinción, despois de 45 anos vencellado ao deporte ourensán e deles, máis de 30 anos vinculados ao hóckey, do Club Hóquei Barrocás.
Un club con 32 anos de historia, cun gran traballo nas escolas de categorías inferiores e conseguindo durante varias tempadas contar cun equipo nas máximas categorías do hóckey español, tanto na División de Honra A como na B, categoría onde xoga hoxe.CH Barocas. Na modalidade de hóckey sala, o club estivo presente durante moitos anos na Fase Final do Campionato de España, obtendo na súa participación varias medallas de bronce.
No apartado individual, ao longo da súa traxectoria, Jaime Amorín formou parte da Xunta Directiva da Real Federación Española de Hóckey e tamén durante un breve período na Federación Galega de Hóckey. No seu club estivo sempre en postos directivos e xunto co resto do organigrama do club, o CH Barrocás estivo moitos anos na elite do hóckey español (actualmente o equipo sénior masculino xoga na División de Honra B, hóckey herba). .