O acendido das luces do Nadal do pasado venres, en distintos puntos de Ourense, foi o acto festivo más multitudinario na historia da cidade, asegurou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen detalla que máis de 30.000 persoas abarrotaron a Praza Maior e as rúas máis próximas, como Lamas Carvajal ou Bispo Cesáreo, así como a rúa do Paseo, Parque San Lázaro ou Santo Domingo, entre outras: “Supuxo a maior congregación de persoas na rúa nun acto festivo na cidade ou posiblemente de calquera outro acto na súa historia”, concluíu o rexedor
Pérez Jácome subliña que “o éxito dos eventos organizados este 2022 non ten parangón: o Entroido, as Festas de Ourense, Halloween, San Martiño e, agora, o Nadal”. Afirma a este respecto que “isto demostra que facemos festexos para chegar a unha gran maioría e non a unha minoría como se facía en grupos de goberno anteriores”.
O alcalde lembra a ampla oferta de eventos que a cidade de Ourense acollerá durante os próximos días, coincidindo coa longa ponte do mes de decembro, que serve de preludio para o Nadal, dos que destaca:
Concertos na Praza Maior:
Festas de Mariñamansa, na explanada da Farixa
O alcalde explicou tamén que “no noso desexo de atender mellor, desde o Concello fixemos adaptacións de última hora de xeito que durante esta ponte de decembro instalaranse e acenderanse luces nalgunhas zonas onde aínda non se colocaron, se ben o 95% está xa operativo”.