O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos a Amancio Rodríguez e Rosa Amorín, representantes da Asociación Veciñal A Chavasqueira. O alcaldes trasladoulles a súa vontade de facer “todo o que sexa posible, dentro da legalidade” por buscar outro emprazamento ao tanatario que unha empresa pretende construír nas proximidades do cemiterio das Caldas, na contorna da Chavasqueira.
“Na reunión explicámoslles como está a situación e lles dixen que no que estivese na miña man, sexa neste mandato ou no seguinte, faremos o posible para tentar que o tanatorio se constrúa noutro emprazamento que sexa da aceptación de todos os veciños, dentro da legalidade posible, porque o Concello non pode comprar por un prezo superior ao de mercado, xa que a lei o prohibe, e tampouco se poden facer permutas cando non é un prezo equivalente”, relatou Pérez Jácome. Porén, concluíu, “en todo o que sexa posible, e dentro da legalidade, a vontade política deste alcalde é conseguir outro emprazamento. É o compromiso que lles trasladei”, asegurou o rexedor.