A IXP Pataca de Galicia prevén unha comercialización de máis de 6 millóns de kilogramos
No mercado xa se poden atopar as patacas das variedades kennebec e agria. Nesta campaña, 71 produtores traballaron sobre 690 hectáreas de cultivo.
O Consello Regulador da Indicación Xeográfica da Pataca de Galicia acaba de facer públicas as previsións de produción para esta campaña do ano 2023. O organismo estima unha comercialización de aproximadamente 30 millóns de kilogramos nas áreas inscritas, que tras o proceso de selección e o traspaso de parte da produción ás empresas transformadoras, serán máis de 6 millóns. Esta campaña contou co traballo de 71 produtores repartidos en 690 hectáreas de terreno de cultivo. Os produtores seguen en época de recolleita, comenzando pola variedade kennebec.
Os produtores da IXP atópanse, nestes intres, en plena época de recolleita, comezando polas variedades de ciclo mais curto como a kennebec, para continuar polas de ciclo mais longo como a agria. Estas dúas, xunto á Fina de Carballo, conforman as tres variedades amparadas polo indicativo de calidade. No mercado xa se pode atopar Pataca de Galicia, tanto da variedade de carne branca kennebec, como da agria, de carne amarela. Polo momento, non se dispón de produción da variedade autóctona Fina de Carballo. Neste inicio de campaña de comercialización, vai seguir aumentando a produción que chega o mercado baixo o selo da IXP.
Este ano a IXP contou con 690 hectáreas de cultivo, das que en torno a 400 corresponden á variedade kennebec, e 290 á agria. O número de produtores que traballaron baixo o amparo do selo nesta campaña é de 71, dos cales 54 pertencen a Ourense, 14 a A Coruña e 3 a Lugo, sendo as principais zonas produtoras A Limia, Monterrei e Bergantiños.
A maior parte da produción concéntrase en Ourense, onde a IXP conta con 600 hectáreas. Nelas, concéntrase a maioría da produción de kennebec, e a práctica totalidade de agria. En segundo lugar, estaría Bergantiños, na Coruña, con máis de 60 hectáreas. Por último, estaría Lugo con 30 hectáreas.
Pese as desfavorables condicións climatolóxicas, que provocarían que a produción poida estar entre un 15 e 20% por debaixo da media dos últimos anos, a cifra da previsión é positiva, garantizándose ademais que a pataca producida será de excelente calidade para o consumo. A gran diferenza entre a produción total e a que se comercializará débese a que se leva a cabo unha esmerada selección dos lotes, e ademais unha parte destínase a outras canles de comercialización.
Outro dato positivo é que, polo momento, existe unha elevada demanda de pataca, e non semella que a oferta nos mercados internacionais poida presionar os precios á baixa. Polo tanto, agárdase que a campaña sexa boa en canto á retribución para os bolsos produtores.
Recentemente, a IXP Pataca de Galicia mudou de directiva. A presidencia pertence a José Manuel Gómez, que ten coma obxectivo “poñer en valor tanto en Galicia coma no mercado nacional a innegable calidade do noso produto e do bo facer dos nosos produtores”. Agarda que, ao longo do que resta de ano, “o número de inscritos aumente, dunha forma homoxénea no conxunto da Comunidade Autónoma”.