Un veciño con residencia no concello ourensán de Barbadás foi denunciado polo Equipo Roca da Garda Civil por un presunto delito de lume forestal “menos grave” por neglixencia ao ser o suposto causante dun lume forestal cando realizaba tarefas de desbroce cun tractor. O suceso aconteceu na localidade de A Illa en Entrimo o pasado 13 de Xuño onde resultaron calcinadas 6,64 hectáreas de superficie arborada dentro do Parque natural Baixa Limia Serra do Xurés.