A concelleira do Grupo Municipal Popular e deputada autonómica, Noelia Pérez, e a deputada nacional do PP, Ana Vázquez poñen de manifesto que a insistencia e o traballo do Partido Popular conseguen que se comecen a demoler e tapiar as naves abandonadas e ocupadas de Adif situadas na rúa Río Arnoia. Unha petición que as populares levaban case un ano reclamando ao Ministerio tras escoitar a preocupación da veciñanza pola inseguridade que se estaba a vivir no barrio.
As populares, nas diferentes visitas ás naves de Adif e nas distintas reunións que mantiveron coas persoas afectadas, prometeron que estarían a carón dos veciños ata conseguir unha solución, e hoxe a solución xa é unha realidade, aínda que chega con meses de atraso.
O Partido Popular seguirá pendente deste proceso de demolición que comezou esta mañá Adif nas naves situadas na Río Arnoia. E tamén seguirá pendente dos outros problemas de inseguridade que existen neste barrio e na cidade en xeral.