Agrogandeiro

O Inorde inicia accións para fomentar a cooperación con Iberoamérica

Emma González, xunto ao técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro e ao veterinario do Inorde, compartiron as experiencias e os coñecementos desta entidade en materia de agricultura e razas autóctonas co obxectivo de establecer liñas de colaboración con diversas rexións de Perú.

Óscar Gómez

Ourense | 07.07.2021 11:12

O Inorde inicia accións para fomentar a cooperación con Iberoamérica | onda cero

A reunión de traballo estivo centrada na cooperación para o desenvolvemento de produtos e a cooperación técnica e institucional entre o Inorde e unha delegación peruana que estivo integrada por representantes institucionais como Leopoldo Quispe, vicepresidente da Asociación de Rondas Campesinas Nativas y Urbanas del Perú; Yemen Mejía, alcalde de la Municipalidad de Cochabamba y representante de Municipios Libres del Perú; Ernesto Walter Heredia, director de Cooperación Internacional del Gobierno Regional Madre de Dios; Elder Agüero, director de agricultura del Gobierno Regional ICA, así como representantes de sectores ganaderos como Sergio Muños, agricultores e asesores; e todos eles coordinados por Maria Cheglio e Estephanie Conislla.

Durante a xuntanza telemática, a xerente do Inorde acompañada do seu equipo, expuxo as actividades que esta entidade desenvolve a prol do sector primario, especialmente centradas no asesoramento como ferramenta indispensable para a realización dun apoio técnico que garanta a competitividade das agroempresas mediante o aumento da súa rendibilidade e tomando como dogma o respecto ó medio natural.

Como conclusión á reunión, dende o Inorde mostrouse a dispoñibilidade para o establecemento de actividades de colaboración mutuas que permitan artellar proxectos entre as distintas organizacións. Ditas actividades a realizar pasarían polo establecemento de proxectos de cooperación iberoamericana como “visitas periódicas de asociacións e produtores peruanos para que coñezan as redes de asesoramento que están a funcionar en España, estudos conxuntos de mellora e adaptación de diversos cultivos, activades de transferencia de información sobre todo técnica, encamiñada á transformación de produtos agrícolas forestais, e todas aquelas que vaian xurdindo en relación a lograr unha mellora no sector primario de ambas partes”, sinalou a xerente do Inorde.