Ourense Cidade

Incumprimentos en materia de normalización lingïstica

O BNG levará ó pleno o incumprimento da ordenanza de Normalización coa deturpación do topónimo da cidade.

Paco Sarria

Ourense |

Incumprimentos en materia de normalización lingïstica | onda cero

O Bloque Nacionalista Galego levará ó pleno do Concello de Ourense os incumprimentos da Ordenanza de Normalización Lingüistica e a deturpación constante do topónimo oficial tanto do concello como da provincia.

Dende o grupo municipal nacionalista sinalan "as continuas rererencias a Orense e non a Ourense, que contribúen moi negativamente a perpetuar unha denominación imposta durante a ditadura franquista e que a mediados dos anos noventa propiciou unha mobilización social sen precedentes e cuxo obxecto non era outro que o de recuperar a oficialidade do noso topónimo lexítimo, Ourense", declarou a edil Erea Blanco.

A concelleira nacionalista insiste en que "é coñecido o desprezo do actual Goberno Local pola cultura propia do país, vendo como continuamente deturpan festas e tradicións que son propias e que contan ademáis cunha denominación de seu como o Samaín ou o Entroido".