Noticias de Empresa

Grupo Coren, primeira cooperativa agroalimentaria de España

Elena Rivo, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade destaca o potencial do Grupo Coren como a primeira cooperativa agroalimentaria de España

Onda Cero Ourense

Ourense | 11.09.2023 14:03

Grupo Coren, primeira cooperativa agroalimentaria de España | Xunta de Galicia
Grupo Coren, primeira cooperativa agroalimentaria de España

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou as instalacións en Ourense do grupo Coren e destacou a súa relevancia no eido cooperativo tanto dentro como fóra de Galicia. Así, acudiu a escoitar as súas demandas e suxestións, nun momento no que se está a traballar na nova Lei de cooperativas co obxectivo de axilizar a creación de entidades e de adaptalas aos novos tempos.

Visita de Elena Rivo a instalaciones del Grupo Coren | Xunta de Galicia

Como primeira cooperativa agroalimentaria de España e unha empresa referente da provincia de Ourense, Coren é ademais a oitava cooperativa cárnica europea en importancia. Así, aglutina preto de 4.300 socios integrados e asociados e máis de 3.000 persoas empregadas, con máis de 1.000 millóns de facturación anual.