O máis destacable foi a actuación do equipo sénior da Escola Pavillon, que soubo levar a cabo o seu exercicio á perfección e logrou o campionato da súa categoría. Na mesma categoría, o Club Pavillón tamén obtivo o quinto posto cun gran exercicio. Ao final da mañá o equipo alevín acadou un marabilloso sexto posto de 26 participantes na súa categoría.
Pola tarde tivo lugar a competición dos máis pequenos. Os clubs Pavillón garanten un gran futuro coas súas ximnastas máis pequenas. O equipo de iniciación foi quinto, a só medio punto do primeiro posto e os prebenxamíns cuartos, a 0,30 do terceiro.
FINAL HISTÓRICA DA COPA DO CONCELLO DA XIMNASIA PAVILLÓN
O domingo tivo lugar a fase final da Copa Provincial de Ourense e os clubs do Pavillón obtiveron uns marabillosos resultados. Dos 13 ouros posibles, o Pavillón obtivo 11, 6 conxuntamente e 5 individualmente. Tamén lograron 6 pratas e un bronce.
INDIVIDUAL:
CONXUNTO: