MÁS DE UNO OURENSE

Gandeiros e Agricultores ourensáns poderían levar as protestas a Madrid

Agricultores e gandeiros ourensáns manteñen as protestas cos seus tractores con cortes na autovía das rias baixas en Xinzo de Limia e non descartan ir a manifestarse a Madrid

Jesús Álvarez

Ourense |

Lobos acechando gando en Xunqueira de Espadañedo (Video cedido polo gandeiro Jesús Prieto)

Agricultores e gandeiros ourensáns manteñen as protestas cos seus tractores con cortes na autovía das rias baixas en Xinzo de Limia e non descartan ir a manifestarse a Madrid na vindeira semanaca intención de ser atendidos por un alto cargo do ministro de agricultura para abordar as suas reivindicacións. Precisamente o ministro, Luis Planas falaba nas últimas horas sobre Mercosur sinalando que se van a garantir os controis de productos foráneos e explicando que o que se ve coma ameaza é tamén unha "oportunidade" económica para o noso país. E sobre a demanda dos gandeiros de vacinar a todo o gando contra a dermatose nodular, sinalou Planas que por agora se manteñen as zonas establecidas en distintos niveis e sempre con "criterios fixados polos técnicos".

Por certo un gandeiro ourensán de Xunqueira de Españedo facía chegar a Onda Cero Ourense un video no que se podía observar a presenza de lobos xunto ao seu gando para deixar constancia ante a administración doutra das problemáticas que tamén teñen que afrontar cotidianamente.