Gala Benéfica por Venezuela no Pazo A Fábrica de Celanova
Hoxe venres 3 de xullo, o Pazo A Fábrica,en Celanova, acollerá unha Gala Benéfica con Venezuela
O Pazo A Fábrica, en Celanova, acollerá unha Gala Benéfica por Venezuela en Galicia, unha iniciativa solidaria destinada a recadar fondos en apoio ao Colexio San Ignacio de Loyola de Caracas, dirixido polos xesuítas e cunha longa traxectoria de servizo ás persoas máis necesitadas.
O encontro celebrarase entre as 18:30 e as 00:00 horas e contará cun aforo limitado a 150 persoas. A entrada solidaria terá un custo de 50 euros, que poderá aboarse mediante ingreso na conta habilitada en ABANCA: IBAN ES84 2080 5292 8030 4007 1849, sendo o beneficiario Ikonik Style S.L.
A organización habilita tamén unha FILA 0 para todas aquelas persoas que, aínda non podendo asistir á gala, desexen colaborar coa causa. A veracidade e o destino de cada euro recadado serán certificados pola firma de auditoría SUMMA Auditores.
Durante a gala establecerase comunicación directa con Venezuela e contarase co testemuño de Sergio Contreras, presidente de Refuxiados Sen Fronteiras, e de Evelin Pinto, dirixente social na zona afectada. A velada incluirá unha coidada ambientación, servizo de catering da man de SaboréST e degustación de queixos da firma Quesos Feijoo.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono ou WhatsApp 678 013 204
Programa da Gala Benéfica por Venezuela en Galicia
- 16:30 a 17:15 horas: Podcast/entrevista NEWOU
- 17:30 a 18:30 horas: Dj Kulex
- 18:30 a 19:30 horas: Dj Oliveira
- 19:45 a 20:45 horas: Concerto Os Xustos
- 21:00 a 22:00 horas: Dj Freyyjr
- 22:15 a 23:15 horas: Concerto Rockhub
- 23:30 a 00:30 horas: Peche con Dj Freyyr