Día das Letras Galegas

Gadis achega o día das Letres Galegas a miles de fogares

A cadea de supermercados reinterpreta o legado de Begoña Caamaño en Lenzos, as letras en cor, un caderno con ilustracións inspiradas na súa obra.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Gadis achega o día das Letres Galegas a miles de fogares | Gadis

O vindeiro sábado 16 de maio, a cadea de supermercados entregará de forma gratuíta, ata fin de existencias, 30.000 unidades de Lenzos, as letras en cor, ademais de 40.000 marcapáxinas e 40.000 bolsas de papel con deseños especiais conmemorativos desta celebración. Na web www.gadisletrasgalegas.gal pódese descargar a versión dixital das diferentes láminas que compoñen o caderno coa chamada “Deixa voar a imaxinación e entra nun mundo onde as letras tamén se transforman en cores. Porque ás veces, cando un lenzo se enche de cor, a historia goza dunha nova vida”.

Homenaxe a Begoña Caamaño

Gadis fixo unha entrega simbólica deste material cultural a Beatriz e Carmen Caamaño, irmá e sobriña, respectivamente, de Begoña Caamaño, nun emotivo encontro no que se puxo en valor a figura da autora e xornalista viguesa que entendía a cultura como algo vivo, que se cuestiona e se reescribe.

“Quixemos estar hoxe en Vigo, cidade de orixe de Begoña, coa súa irmá Beatriz, como un recoñecemento a súa figura e obra. Entendemos a cultura galega como algo noso, no que todos os galegos e galegas temos cabida. Desde fai moitos anos, as nosas bolsas da compra enchen de cultura miles de fogares da nosa comunidade nestas datas”, explican desde a empresa 100% galega.

Na xuntanza participaron, por parte das institucións, María Coutinho, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, e Patricia Iglesias, concelleira delegada de Atención á Cidadanía do Concello de Vigo. En representación de GADISA Retail, Pablo Louro, delegado de área en Pontevedra, José Luis Fernández Astray, director de Comunicación, María Eimil, coordinadora de Comunicación, e Mª Teresa Pérez, encargada do supermercado.