Gadis abre de novo o supermercado da Rúa Valle Incán
Gadis reformou por completo o seu céntrico punto de venda en Ourense para ofrecer unha experiencia de compra máis gratificante aos clientes.
Supermercados Gadis abre de novo o punto de venda da rúa Valle Inclán 25 máis moderno, con maior amplitude e orientado a proporcionar experiencias de compra satisfactorias aos clientes. A compañía 100% galega levou a cabo unha importante reforma no establecemento, que agora ten máis de 1.000 m2 de superficie total, en pleno centro da cidade. O obxectivo desta actuación é dar o mellor servizo cunhas cómodas instalacións nas que se priorizou a sustentabilidade e a funcionalidade dos espazos.
Este Gadis ofrece un amplo fornecido de produtos con máis de 10.000 referencias de marcas líderes e a marca propia Ifa para que os seus clientes poidan elixir, tamén entre unha completa gama de artigos veganos, ecolóxicos e sen glute. Ser sempre a mellor opción para os consumidores é o propósito da compañía líder de distribución en Galicia, que aúna variedade, calidade e prezos competitivos.
A xestión das seccións de produto fresco é un valor diferencial de Supermercados Gadis desde as súas orixes. A peixaría, carnicería, froitaría, chacinaría e panadería ocupan espazos destacados. A atención aos clientes é personalizada, por parte de profesionais especializados, seguindo o concepto do mostrador tradicional.
Máis de 1.000 provedores locais de confianza abastecen maioritariamente a estas seccións co fin de dar prioridade aos produtos de proximidade e a produción sostible, que xeran maior impacto positivo na súa contorna máis próxima. Nos puntos de venda incentívase o consumo de produtos de km.0, frescos e de tempada, máis sostibles e que, ademais, contribúen a promover unha alimentación equilibrada entre os clientes.
Servizos
O horario do supermercado é amplo e ininterrompido, de 9 a 21 horas, de luns a sábado. Os servizos da tenda convencional compleméntanse co supermercado en liña www.gadisline.com e a APP Gadis +, que proporciona múltiples vantaxes aos usuarios.
Máximo aforro para preto de 400 produtos
Con motivo da apertura, Gadis ofrece aos consumidores preto de 400 artigos co máximo aforro. Ademais, ao comprar entre o 11 e o 18 de maio, os clientes teñen a posibilidade de conseguir un premio. Por cada 10 €, os clientes poden participar no sorteo de 1 Iphone 14 e 1 aspirador Dyson V15. O sorteo realizarase no establecemento o 18 de maio e o nome dos gañadores publicarase no taboleiro de anuncios.
Ampliación de espazo sostible
A sustentabilidade ambiental e a eficiencia enerxética foron claves na ampliación e reforma do punto de venda, que dispón de funcionais sistemas de frío e calor, así como de iluminación de última xeración que garante un aforro de case o 40% fronte aos convencionais.
Aposta por Ourense
A proximidade é un dos sinais de identidade de Supermercados Gadis, que conta con 10 puntos de venda situados no centro e en diferentes barrios de Ourense. En total, a compañía suma 225 establecementos desta liña de negocio en Galicia e Castela e León.