Gabriel Alén gaba a programación de "Galicia Ilusiona"
A programación do festival contempla tamén 7 grandes galas internacionais de maxia coa presenza dos mellores magos e magas do mundo, que en Ourense se desenvolverá o 1 de outubro.
A Gran Gala Internacional Galicia Ilusiona que se desenvolverá o sábado, 1 de outubro, no Auditorio Municipal de Ourense e na que participarán cinco dos mellores ilusionistas do mundo: Hyunjoon Kim (Corea), Sebastian Dethise (Bélxica), Dania Díaz (Venezuela), Jimmy Delp (EEUU) e Dani Polo (Galicia). As entradas teñen un prezo único e reducido de 12€ e están á venta na web do Festival www.galiciailusiona.es.
O delegado territorial subliñou que a Xunta apoia esta iniciativa baixo o paraugas do Xacobeo co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade nestes tempos difíciles.
Para Gabriel Alén este Xacobeo 21-22 busca a implicación de toda a sociedade na súa programación cultural con actividades espalladas por todo o territorio galego, xa que o Camiño de Santiago é o mellor reclamo turístico de Galicia. Ademais o Xacobeo tamén está vinculado con actividades relacionadas co deporte, a natureza, o patrimonio, a cultura, a gastronomía, e neste caso, maxia.
O Festival Mundial do Ilusionismo Galicia Ilusiona inclúe nos seus dous meses e medio de duración espectáculos dirixidos ao público familiar en emprazamentos céntricos dos concellos galegos para mostrar a maxia que ten Galicia a veciños e a visitantes neste Xacobeo 21-22.
A programación do festival, ademais destas 7 grandes galas internacionais de maxia levadas a cabo nas 7 grandes cidades, coa presenza dos mellores magos e magas do mundo, acolle tamén 7 desafíos extremos levados a cabo nas 7 grandes cidades; as funcións Maxia na Rúa: Maxia no Camiño, que se leva a cabo nos concellos de Barbadás, Ribadavia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, O Carballiño, Coles, Celanova Maceda, Pereiro de Aguiar, Leiro, Maside, San Cibrao das Viñas, Verín e Xinzo de Limia; e a gala Maxia Solidaria, o 30 e 31 de setembro na Unidade de Pediatría do CHOU, destinado aos rapaces e parazas que polas súa circunstancias non poden acudir ao espectáculo.
A Xunta invita a desfrutar do ilusionismo neste Ano Santo e a camiñar a Galicia para descubrir a maxia que envolve a todos os recursos turísticos -as paisaxes, o patrimonio, ou a gastronomía- e todas as rutas do Camiño de Santiago.