Formoso anima a seguir loitando polo progreso dos Concello
O secretario xeral do PSdeG participa en Lobios no acto de presentación dos alcaldables da comarca ourensá.
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, participou este sábado no acto de presentación dos candidatos socialistas da comarca ourensá da Baixa Limia, aos que lles trasladou ánimos para que continúen a loitar polas súas ideas e o progresos dos seus concellos, porque "do caciquismo se sae".
"Non vamos a admitir mais que o caciquismo siga imperando na provincia de Ourense", sinalou Formoso na súa intervención no xantar de Lobios que xuntou a máis de 200 militantes e simpatizantes socialistas.
Chamou a pelexar pola liberdade, pola igualdade e os dereitos que teñen os cidadáns viva onde vivan e voten a quen voten, porque "non é de recibo que un concello de 2.000 habitantes de Ourense acade o 5% do que ten un concello de 2.000 habitantes da Coruña ou Pontevedra".
E engadiu, "ten que ter os mesmos dereitos unha persoa que nace en Lobios ou en Padrenda que un que nace na Coruña ou en Vigo", porque así "o esixe a Constitución e o sentido común".
No acto participaron, ademais de Formoso, o secretario provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino, ou a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, integrante da dirección galega. O candidatos presentados foron os xa alcaldes de Entrimo e Calvos de Randín, Ramón Alonso e Aquilino Valencia, respectivamente, así como o alcaldable de Lobios, Iván Rouco; onde Muíños, José Luis Rodríguez; o de Padrenda, Manuel Pereira; o de Bande, José Luís Álvarez, aparte de varios deputados e senadores.