A folga de servicio de autobuses urbanos de Ourense arrincou hoxe sen poder cubrir a totalidade dos servizos mínimos establecidos a causa de actos de sabotaxe as vehículos da flota do servizo municipal, que apareceron esta mañá con danos que impiden a súa circulación. A día de hoxe a empresa concesionaria traballa na reparación dos vehículos afectados coa finalidade de que os autobuses poidan volver circular ao longo da mañá. A primeira hora da mañá o servizo comezou con só tres liñas en circulación, a esta hora, xa están operativas as liñas 1, 2, 3, 5, 6B, 7, 10, 11A, 11B, 15, C17, 22 e 26, e faltan por saír as liñas 9, 12, 14 e 18. Esta últimas se prevén restablecer nas próximas horas.
O Concello de Ourense lamenta as molestias que estes feitos poidan supoñer ás persoas que utilizan o servizo municipal de autobuses e úrxelle á concesionaria para que os servizos afectados se activen o antes posible.
O decreto de servizos mínimos de transporte colectivo urbano establece que:
a) Durante a folga, prestarase servizo por 1 vehículo en cada unha das seguintes liñas: 1, 2, 3, 5, 7, 9, 10, 12, 14, 15, C17, 18, 19, 22, 26, 6B, 11A, 11B e 13B ( 52,8 % dos servizos diarios).
b) Débese garantir o ultimo e primeiro horario de cada servizo.
c) Os traxectos dos servizos mínimos deben realizarse de forma completa.
d) Para o resto de persoal da empresa concesionaria, establecese uns servizos mínimos do 50%.