LUMES FORESTAIS

Extinguido un lume na Gudiña e detido o presunto autor de varios lumes en Vilamarín

Extinguido o lume forestal na parroquia de Pentes na Gudiña, un dos de máis superficie queimada na provincia de Ourense este verán e detido o presunto autor de varios lumes en Vilamarín

Jesús Álvarez

Ourense | 26.08.2024 09:01

Incendios na provincia de Ourense | antena 3

Medio Rural deu por extinguido o lume forestal que dende o venres 23 de Xullo afectou ao Concello ourensán da Gudiña no que arderon perto de 76 hectáreas de superficie maioritariamente arborada. O lume chegou a provocar cortes temporais na estrada nacional 525. Para a súa extinción foi preciso un amplo desplegue de medios entreles 7 avións e 9 helicópteros, 50 brigadas ou 31 motobombas.

Ademáis a Unidade de Investigación de Lumes Forestais da Xunta identificou e puxo a disposición xudicial ao presunto autor de varios lumes no concello de Vilamarín. Segundo a UIFO "trátase dunha persoa habitual e coñecedora do lugar" .

Os lumes nesta zona -considerada de alta actividade incendiaria- comezaron a intensificarsee o pasado 24 de Xuño cando se rexistrou o primeiro lume do verán.