Desde Ribeiro en Común solicitan ao novo goberno que recapacite e continúe coa labor de divulgación desta figura, que tanta ilusión despertou nos nenos e nenas, e que mantivo moi boa relación con outras figuras do Nadal como o Papá Noel e os Reis Magos.
- Programa de Nadal insuficiente, xa que foi recortado respecto a anos anteriores.
1. Presentan o tradicional "Ribanadal" con escasos días de duración, cando con nós duraba todas as vacacións escolares, ata xaneiro.
2. Eliminan actividades centrais con moito éxito, como foi o carrusel durante os últimos anos, e anteriormente a pista de xeo. Sen que oferten ningunha alternativa.
Este programa que o PP presenta, é claramente insuficiente para o que Ribadavia demanda, como centro do Nadal no Ribeiro que é. E ademais, pretende ocultarse en actividades doutros entes que nada teñen que ver coa Concellaría de Cultura do PP.
Ribeiro en Común pide que se manteña a continuidade con estas actividades que tan boa acollida tiveron e teñen na nosa sociedade.