Entroido de Verín 2026

Especial Más de Uno Ourense con motivo do Entroido de Verín

Más de Uno con Entroido de Verín desde a praza García Barbón con varios dos protagonistas máis sobranceiros do entroido verinés

Onda Cero Ourense

Verín |

Onda Cero Ourense no entroido de Verín | Onda Cero Ourense

Onda Cero realizou o seu programa Más de Uno Ourense desde a céntrica praza García Barbón de Verín na mañá do xoves 12 de febreiro coincidindo co desfile infantil de Entroido que organizou o concello verinés e no que participaron colexios de toda a bisbarra do val de Monterrei.

Nenos no entroido de Verín 2026 | Onda Cero Ourense
Entroido de Verín 2026 en Onda Cero

Ata a praza García de Barbón de Verín desplazáronse Paco Sarria e Luis Cerdeira para achegar ós oíntes de Onda Cero Ourense unha data máxica. Nos estudios de Onda Cero Ourense estivo Oscar Gómez.

Paco Sarria e Luis Cerdeira na previa do especial Entroido de Verín 2026 | Onda Cero Ourense

Polo especial que Onda Cero Ourense emitiu o xoves 12 de febreiro entre 12:30 e 14:00 horas pasaron representantes institucionais, entroideiros e mesmo os deseñadores do cartaz oficial do Entroido de Verín 2026

Diego Lourenzo Moura, concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Deportes

Diego Lourenzo (tenente alcalde do Concello de Verín) deu a benvida a todos os presentes e convidou a vivir e participar no entroido verinés

Diego Lourenzo e Paco Sarria no especial entroido de Verín | Onda Cero Ourense

Lola Fernández, entroideira de Verín

Con Lola Fernández "Cesteira" demos unha volta pola historia e o presente do entroido e cómo o viviu esta entroideira a quen coñece todo o mundo en Verín

Lola Fernández "Cesteira", entroideira de Verín | Onda Cero Ourense

Anxo Varela e Lúa Carballo de Pruden Tattoo

Anxo Varela e Lúa Carballo forman Pruden Tattoo foron os deseñadores do Cartaz do Entroido de Verín en 2026. Anxo pasou polo especial Más de Uno de Verín para contarnos entre outras cousas en que se inspiraron para o deseño do cartaz que se podía ver por toda a vila en fachadas e estampado en múltiples formatos como camisetas ou suadoiros.

Anxo Varela e Lúa Carballo forman Pruden Tattoo | Pruden Tattoo

Alvaro Ferreira do Obradoiro do Cigarrón

Alvaro Ferreira caracterizado como piloto da UME pasou polo especial Entoido de Verín en Onda Cero para falarnos do Obradoiro do Cigarrón e para contarnos a súa experiencia a través dos anos no entroido verinés

Alvaro Ferreira do Obradoiro do Cigarrón de Verín | Onda Cero Ourense

Samanta Barreira, concelleira responsable da Área de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo

Samanta Barreira contounos o programa completo da edición de 2026 do Entroido de Verín e coñecemos ata o último detalle para non perdernos a festa

Samanta Barreira e Paco Sarria no especial Entroido de Verín | Onda Cero Ourense
Vive o Entroido de Verín

👇👇👇Volve a escoitar o especial "Entroido de Verín" en Más de Uno Ourense👇👇👇