Medio Rural

Escola de Pastores de Galicia un proxecto para impulsar a gandería extensiva e o relevo xeracional

Esta cooperación, a través do Inorde, está promovida pola Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), co obxectivo de dignificar a figura do pastor e garantir que esta profesión non esmoreza.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Escola de Pastores de Galicia un proxecto para impulsar a gandería extensiva | onda cero ourense

A Escola de Pastores preséntase como un proxecto integral de formación especializada en gandaría extensiva, orientado especialmente aos sectores ovino e caprino, que persegue contribuír á dinamización social e económica do territorio, mellorar a capacitación técnica das persoas participantes e poñer en valor as producións locais.

Durante a reunión quedou reforzado tamén o papel da gandaría como ferramenta clave para a xestión sostible do territorio, a prevención de incendios, a fixación de poboación no rural e a xeración de produtos de calidade ligados ao mercado de proximidade. Neste contexto, a implicación da Deputación de Ourense a través do Inorde reforza a aposta institucional polo desenvolvemento do rural, o apoio ao sector primario e a creación de novas oportunidades ligadas á economía agrogandeira, tal e como explicou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

Na presentación quedou de manifesto que se trata dun proxecto ambicioso no que apelaron á implicación de todos axentes dos concellos de A Gudiña, A Mezquita, Baltar, Castrelo do Val, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Os Blancos, Riós, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia:; así como as administracións públicas, grupos de desenvolvemento rural, organizacións e asociacións agrarias ata as asociacións de mulleres e de mozos da zona para que sexa un proxecto de éxito.

O proxecto conta co apoio da Fundación “la Caixa” dentro do seu programa de Acción Social no Ámbito Rural e coa colaboración de distintas administracións e entidades, así como de numerosos concellos do sur da provincia, co obxectivo de construír unha iniciativa compartida que contribúa a asentar poboación, reactivar a economía local e garantir o futuro da gandaría extensiva en Galicia.