O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de entrega de premios da décima campaña quincenal do programa Merca no teu comercio na provincia de Ourense, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio e que neste caso se desenvolveu en Barbadás.
Concretamente repartíronse 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes, que poderán empregadas nos establecementos locais adheridos ata o vindeiro 31 de decembro.
Alén destacou o papel desta campaña como motor económico e social nas vilas rurais, especialmente en territorios cun menor asociacionismo. Ademais, enmarcou o programa Merca no teu comerio no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 que busca fortalecer un sector comercial moderno, competitivo e preparado para responder ás novas tendencias de consumo, e animou á cidadanía a participar na nova edición dos bonos Activa Comercio, dotada con 2,5 M€ e que ofrece bonos desconto por valor de 30 euros para canxear nos establecementos adheridos.