Referente do sector audiovisual, o Ourense Film Festival (OUFF) quere premiar na súa 26 edición ao produtor Enrique Cerezo co Premio OUFF Historia do Cine español. Á súa traxectoria como produtor vinculado a títulos como El Perro del Hortelano, Las brujas de Zugarramurdi, Las trece rosas e Juana la Loca e a cineastas como Imanol Uribe, Álex de la Iglesia, Pilar Miró ou José Luis Cuerda, vinculados tamén ao Festival de cine de Ourense, únese a súa labor como recuperador e distribuidor de filmes. Nos seus fondos atópanse pezas emblemáticas do cinema español e galego, como é o caso de Cotolay.
O produtor recibiu o galardón nunha gala presentada por Iria Sobrado e celebrada esta tarde no Teatro Principal de Ourense, na que tamén se proxectou xustamente Cotolay. Enrique Cerezo, que recibiu o galardón de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comentou que “es una gran alegría recibir este premio. Quiero agradecer a la ciudad de Ourense que se hayan acordado de mí para recibir este premio. Me parece fantástico y maravilloso recibir este premio a toda una trayectoria aunque creo que todavía me queda mucho”. Tamén destacou o papel dos festivales de cine xa que “significan mucho. Se dan a conocer muchas cosas de películas y actores que la gente no sabría de otra forma. Los considero imprescindibles hoy en día”.