SUCESOS

Un empresario de Lobios hospitalizado tras un asalto no seu domicilio por uns encarapuchados

Novo asalto no rural ourensán. A vítima nesta ocasión foi maniatada e golpeada na testa logrando fuxir os tres supostos autores do roubo.

Jesús Álvarez

Ourense |

Guardia Civil | EFE

Un empresario da construcción, de 74 anos, tivo que ser hospitalizado tras sofrir un asalto violento supostamente a mans de tres encarapuchados na madrugada do domingo no seu domicilio do concello ourensán de Vilameá en Lobios.

O home foi sorprendido cando baixou ao garaxe tras escoitar ladrar aos cans, sendo maniatado e golpeado na testa polo que tivo que ser traslado en ambulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense.

Ademáis da grave agresión ao empresario, a sua muller que estaba na cama e se levantou ao escoitar os ruidos, tamén foi intimidada para que non dixese nada do acontecido.

Os asaltantes lograron roubar xoias, documentación e teléfonos móviles así coma unha cantidade de cartos por determinar.

A Garda Civil abriu unha investigación para aclarar o acontecido e agarda poder tomar unha nova declaración a vítima para recabar máis datos .