PROTESTAS MUFACE OURENSE

Empregados públicos pediron nas rúas "unha asistencia sanitaria de calidade"

Os mutualistas demandan do goberno un "plan de viabilidade e un acordo" e critican que as aseguradoras sexan "insaciables"

Jesús Álvarez

Ourense |

Protestas de mutualistas de MUFACE en Ourense | Onda Cero Ourense

Ate de colectivos sindicais que representan ao funcionariado convocaban esta mañá concentracións diante das sedes de Muface. En Ourense as mobilizacións desenvolveronse na rua Bedoia onde reclamaron solucións para que o goberno "sega garantindo unha asistencia de calidade" aos empregados e empregadas públicas despóis de ter anunciado que máis dun millón e medio de traballadores públicos que ate agora tiñan asistencia sanitaria coa mutua funcionarial poderían pasar a depender directamente da sanidade pública ao renunciar as asegudoras a acudir ao concerto sanitario.

Nun manifesto o colectivo reclamou do goberno "un novo convenio e un plan de viabilidade para a asistencia sanitaria" pero tamén cuestionou ás propias aseguradoras denunciando que "son insaciables e queren incrementar os beneficios econñomicos a conta do estado, baixo o argumento de que o modelo MUFACE está infrafinanciado". Neste contexto acusaron ñas mutuas de "querer derivar á sanidade pública os casos máis graves" e urxíronlle "acadar un acordo, priorizando na atención sanitaria dos mutualistas".

Os funcionarios de distintas administracións entre os que había docentes ou profesionais das forzas de seguridade, sinalaron que "o 72% das persoas cubertas por Muface elixen anualmente un modelo concertado" e que en 2022 "dous de cada tres novos funcionarios optaron pola sanidade pública". Neste contexto lembraron o "impacto que pode implicar a migración á sanidade pública polo que tamén demandaron que se traballe para que esta ofreza unha atención de calidade".