SUCESOS

Duas persoas detidas polo presunto homicidio do "senteito" Jorge Gómez

A vitima falecía no Hospital Ourensán despóis de recibir unha coitelada na testa supostamente nunha discusión por un asunto de drogas

Jesús Álvarez

Ourense | 19.08.2024 10:05

Jorge Gómez. o músico "senteito" que morreu acoitelado en Ourense | LA REGIÓN

Os dous detidos coma presuntos autores da morte de Jorge Gómez, un "senteito" coñecido por gañarse a vida tocando a frauta na capital ourensán, foron chamados a declarar no Xulgado de Instrucción Número 1 de Ourense tras ser detidos o pasado sábado por axentes da Unidade especializada de delincuencia especializada e violencia (UDEV) da policia nacional.

Todo apunta a que un asunto de "drogas" foi o desencadeante dunha discusión na que a vitima, de 40 anos e veciño do barrio de A Ponte, recibíu unha coitelada na cabeza pola que tivo que ser ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense onde rematou falecendo a causa dun derrame cerebral.

Por agora o único que trascendeu dos detidos é que ambos teñen problemas de "toxicomanía" e que un deles xa presuntamente xa protagonizara dias antes outros intentos de acoitelamento. Sobre ambos pesa agora a acusación dun "presunto homicidio".

Mentres na zona do barrio do Vinteún na capital ourensán, onde sucederon os feitos, medra a preocupación pola inseguridade.