Dous novos equipos para mantemento de estradas e conservación de espazos verdes e forestais
A Deputación de Ourense adquiriu dúas máquinas orientadas a optimizar servizos, xa que permitirán poñer en marcha un grupo de traballo compartido entre as áreas de Infraestruturas e Medio Ambiente.
