"OPERACIÓN GIRALDA" CONTRA O NARCOTRÁFICO EN OURENSE

Detida unha parella que agochaba nun garaxe e nun domicilio da capital abundante cocaína, hachís e cartos

O home ingresou en cadea e para a muller establecéronse medidas xudicias. A Policia Nacional incautou 3´5 quilos de cocaína e 16 de hachís.

Jesús Álvarez

Ourense |

Operación antidroga en Ourense | Policía Nacional

A policía nacional de Ourense detivo nas últimas horas a un home e unha muller coma presuntos autores dun delito de tráfico de drogas no marco da “Operación Giralda” aberta dende hai meses.

A investigación que xa conduxo a outras detencións previas, tiña nesta ocasión según a Brigada Xudicial da Policia Nacional, o obxetivo "de neutralizar a un proveedor superior do entramado delictivo". Ambos detidos pasaron a disposición xudicial ingresando en cadea o home e decretándose medidas xudiciais para a muller investigada.

A policía logrou incautar nun garaxe do Barrio da Milagrosa e nun domicilio da capital no que residía a parella tres quilos e medio de cocaína, arredor de 16 quilos e medio de hachís, gran cantidade de cartos en metálico ademáis doutros obxetos e material para a elaboración, distribución e venta de drogas.

Coa “Operación Giralda”, os axentes dan por desartellado un "importante punto de almacenamento, tráfico e distribución de drogas" na cidade de Ourense "cumplindo así un dos obxetivos fixados nos plans estratéxicos do Ministerio do Interior na loita contra o narcotráfico.