O PP destapa a cortina de fume e mentiras do actual alcalde
Jácome intenta tapar con falsedades a súa ineficacia e incapacidade para executar máis de 42,5 millóns de euros en obras e servizos.
O actual alcalde, mediante unha nota de prensa oficial do Concello de Ourense, volve a extender unha cortina de fume para tapar con falsedades a súa ineficacia e incapacidade para executar máis de 42,5 millóns de euros en obras e servizos.
Así, cando o comunicado di textualmente que “o goberno municipal desiste de realizar as actuacións a través dun convenio e as executará directamente, dotando crédito nos orzamentos”, os populares alertan de que Jácome non desistiu de asinar a fórmula de cofinanciación cun clube de fútbol para levar a cabo o plan de obras: foron os técnicos municipais os que lle fixeron desistir.
Tal e como explica Ana Fernández Morenza, o que queda claro na nota de prensa emitida polo alcalde é que se trata dun intento desesperado de tapar a súa ineficacia e a súa incapacidade para executar máis de 42,5 millóns de euros en obras e servizos, algunha delas por mandato xudicial, incumprindo así unha execución de sentenza, como é o caso da obra na avenida de Marín.
“Como é posible que o actual alcalde anuncie obras como a de Avilés de Taramancos e ao día seguinte evidencia que non ten cartos para lle pagar á empresa que a execute? Como explica que obras xa en execución como a do parque de San Lázaro agora resulta que non ten como pagala?”, pregúntase Ana Fernández Morenza, quen recalca tamén que “o Concello está sen orzamentos en vigor e agora sen poder executar as obras e servizos que se lle facilitou mediante unha modificación de crédito, o que lle está a xerar un importante dano económico ás empresas”.