Sucesos

Desartellan unha banda que se adicaba a realizar roubos con forza na comarca de Monterrei

Na operación foron detidas cinco persoas da zona e tamen de orixe ferrolá. Según os axentes a organización estaba perfectamente sincronizada e roubaba principalmente en zonas illadas nas que previamente facían vixiancia.

Óscar Gómez

Ourense | 25.01.2022 09:17

Desartellan unha banda que se adicaba a realizar roubos con forza na comarca de Monterrei | onda cero

A garda civil de Verín logrou desartellar unha banda que se adicaba a realizar roubos con forza na comarca de Monterrei. Na operación foron detidas cinco persoas da zona e tamen de orixe ferrolá. Según os axentes a organización estaba perfectamente sincronizada e roubaba principalmente en zonas illadas nas que previamente facían vixiancia.

A policía nacional detivo na capital ourensá a un home de 38 anos de orixe venezolano por desobediencia e incautouse dun machete e 12 envoltorios de cocaína. Foi nunha inspección realizada en dous locais do barrio do Couto nun dispositivo especial para prevención de agresions multitudinarias.

Os axentes accederon a un local da Rúa Jesús Soria e a outro de Doutor Fleming identificando a 34 persoas e levantando tres actas de sanción, unha delas por portar arma blanca, outra por incumplimento da lei de extranxería e a xa citada por desobediencia. A actuación policial realizouse despóis dos altercados acontecidos nos últimos dias e trala denuncia dun veciño que viu coma presuntamente unha persoa encañonaba a outra con arma de fogo.

En Ribadavia foi detido un xove de 29 anos natural de Vigo cando circulaba a 230 por hora pola autovía das rias baixas. O detido pasou a disposición xudicial acusado dun delito contra a seguridade viaria e terá que afrontar unha sanción de entre 100 e 600 euros, a perda de entre 2 e 6 puntos do carné e ao circular a mais de 80 km por hora do permitido, podería afrontar unha condea de cadea de tres a seis meses e perder o carné durante catro anos.