Derby das Burgas, sábado ás 19:00 no campo do Couto
UD Ourense e Ourense CF cítanse no Couto na tarde do sábado
Un dos partidos máis agardados da temporada no panorama futbolístico ourensán dispútase esta tarde no campo do Couto. Os dous equipos están loitando polo mesmo obxectivo, escapar dos últimos 6 postos da táboa clasificatoria e, deste xeito, permanecer unha temporada máis na terceira división galega.
Unión Deportiva Ourense
O equipo de Fernando Currás actúa cómo local e ocupa nestos momentos ocupa a posición número oito do Subgrupo 1B da terceira galega a sólo 2 puntos do sexto clasificado e mesmo a 3 do cuarto clasificado, o Choco. Os vermellos chegan con moitas baixas ó partido desta tarde: Pablo Corzo, Hugo García, Cabanyes, Tiago, Amin, Charly e (previsiblemente) Isi o que fará que o adestrador da UD Ourense teña que botar man de algún xogador do equipo xuvenil.
Ourense CF
O equipo pontino que chega aínda máis exixido a este envite, ten 2 puntos menos que a UD Ourense, ocupa a 10ª posición na clasificación e está, polo tanto, a 4 puntos do corte de permanencia aínda que ten un partido menos disputado, o adiado frente ó Alondras. Rubén Domínguez ten a baixa do dianteiro Wadir sancionado despois da súa expulsión no ultimo partido.
Onda Vermella
Os adestradores de ambos equipos, Fernando Currás e Rubén Domínguez, pasaron pola canle de Youtube da Unión Deportiva Ourense
Ademáis do derby das Burgas, esta xornada déixanos un partidazo en Calabagueiros entre Centro de Deportes Barco e Club Deportivo Arenteiro cos valdeorreses loitando polos mesmos obxectivos que os dous equipos da capital e os do Carballiño tentando aumentar a súa renda o frente do grupo sur da terceira división galega.