A Deputación pon en marcha “Raia Termal en ruta”
Un novo proxecto internacional, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar, “para divulgar o noso patrimonio, cando en momentos de pandemia e pospandemia como estes a xente busca benestar, desconexión e natureza, valores que posuímos na provincia de Ourense e Portugal”.
Un autobús promocional percorrerá máis de 1.500 quilómetros e visitará máis de 25 puntos durante os próximos dez días, incorporando como novidades unha oficina de turismo dixital e a participación dos universitarios becados no plan Erasmus Rural