Publicación sobre o Entroido da provincia de Ourense

A Deputación de Ourense, a  través do Inorde, edita o Programa Provincial do Entroido

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, edita o Programa Provincial do Entroido 2026 para dar a coñecer esta celebración etnográfica entre ourensáns e visitantes

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Deputación de Ourense, a  través do Inorde, edita o Programa Provincial do Entroido | Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, edita o Programa Provincial do Entroido 2026, unha publicación que será distribuída en locais de hostalería e oficinas de Turismo de toda a provincia para promocionar esta celebración etnográfica.

Esta publicación que a Deputación de Ourense edita desde 2017, recompila os máis de 350 actos previstos en máis de 65 localidades de 39 concellos da provincia, a celebrar entre o 7 e o 22 de febreiro, aínda que en case todos os municipios ourensáns contan con algún evento ao redor desta celebración tan senlleira.

O entroido de Ourense en datos

  • Máis de 350 actos
  • Máis de 65 localidades
Entroidos máis destacados da provincia de Ourense

Entroido de Interese Turístico Internacional

  • Entroido de Xinzo de Limia

Entroido de Interese Turístico Nacional

  • Entroido de Verín
  • Entroido de Manzaneda
  • Entroido de Viana do Bolo
  • Entroido de Vilariño de Conso

Entroido de Interese Turístico Galego

  • Entroido de Maceda
  • Entroido de Laza

Once entroidos galegos contan coa Declaración de Festa de Interese Turístico, dos cales sete de eles están na provincia de Ourense. Actualmente, o de Xinzo é de Interese Turístico Internacional, o de Verín de Interese Turístico Nacional, aos que se sumaron nesta edición por primeira vez, os de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, e os de Maceda e Laza son de Interese Turístico Galego.

Na última edición de Fitur foron presentados os “Entroidos do Oriente Ourensán”, trala súa recente declaración de Festa de Interese Nacional, captando a atención de numerosos visitantes á feira.

Ademais, a Deputación abriu o Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, coincidindo con estas datas desta celebración etnográfica e estará aberto, inicialmente, ata o mes de xuño.

Ademais de en formato físico, a guía pódese consultar tamén en internet