TecnolóxiaA Deputación de Ourense participa nun plan de innovación para impulsar a implantación do 5G
A iniciativa transfronteiriza “5G-allaecia”, que nace para facer fronte á transformación dixital que implica a quinta xeración nas comunicacións móbiles, convírtese “no primeiro resultado tanxible da Mobile Week Ourense”, afirmou Manuel Baltar trala sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación Empresarial de Portugal e Red Mundo Atlántico.
Manuel Baltar expresou a súa satisfacción por un acordo que demostra “a repercusión que ten na sociedade un evento tecnolóxico das características da Mobile Week, o que nos vai permitir seguir avanzado no obxectivo de converter a provincia nun territorio intelixente”.
Óscar Gómez
Ourense | 29.11.2021 08:01