Ourense Provincia

A Deputación de Ourense aposta polo terceiro sector

A Xunta de Goberno aproba 29 asuntos por importe de 1.204.755,62 euros, dos que 461.558,24 destínanse a 58 entidades sociais sen ánimo de lucro.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Deputación de Ourense aposta polo terceiro sector | Deputación de Ourense

A principal decisión adoptada na sesión foi a resolución da convocatoria pública de subvencións para entidades sociais sen ánimo de lucro, que este ano representa a maior aposta realizada pola Deputación de Ourense polo terceiro sector, cun incremento orzamentario superior ao 70 % respecto das convocatorias anteriores.

En total, a institución provincial destina 461.558,24 euros a 58 entidades sociais, que desenvolverán proxectos dirixidos á atención das persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia, persoas con enfermidades crónicas e raras, saúde mental, inserción laboral, igualdade, inclusión social e acompañamento a colectivos especialmente vulnerables.

Trátase, destacou o presidente provincial, Luis Menor, dunha mostra máis da sensibilidade da Deputación con quen máis o precisa e do compromiso da institución coas entidades que realizan un traballo esencial de proximidade, chegando cada día a milleiros de persoas en toda a provincia.

Apoio ao tecido asociativo da provincia

Ademais desta convocatoria, a Xunta de Goberno aprobou novas colaboracións con entidades de diferentes ámbitos.

No eido social, a Deputación concede 50.000 euros a COGAMI, 50.000 euros a Cruz Vermella para gastos de funcionamento e actividades, 15.000 euros a Cruz Vermella para o seu programa de intervención coa infancia e 30.000 euros a Cáritas Ourense para o programa de axudas á alimentación.

No ámbito cultural, aprobáronse 5.000 euros para a Agrupación de Libreiros de Ourense, 5.000 euros para a Comisión da Festa do Chuletón de Garabás, 15.000 euros para a Unión Musical de Allariz, 12.000 euros para a Asociación Cultural Xan de Arzúa e 5.000 euros para o Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

No ámbito deportivo, a Deputación destina 8.000 euros ao Club Hóckey Barrocás, 15.000 euros ao Club Deportivo Arnoia e 12.000 euros á Escola Balonmán Ribeiro.

Pola súa banda, no ámbito económico e agroalimentario apróbanse 5.000 euros para ASAGA, 45.000 euros para o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e 45.000 euros para a Confederación Empresarial de Ourense, destinados a programas de transformación dixital do sector agrario, apoio ao sector vitivinícola e inserción laboral de mulleres maiores de 45 anos.