Ourense Provincia

A Deputación mobiliza máis de 788.000 euros para impulsar os PAI de Valdeorras e Ourense Sur

Tamén se aprobaron preto de 483.000 euros en axudas para os concellos da Mezquita, Leiro, Baños de Molgas, Chandrexa de Queixa, Esgos, Oímbra, Rairiz de Veiga, Rubiá, Verea e Vilardevós.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Deputación mobiliza máis de 788.000 euros para impulsar os PAI de Valdeorras e Ourense Sur | Deputación de Ourense

A institución provincial deu un novo paso na execución de dous Plans de Actuación Integrados (PAI), o de Ourense Sur e o de Valdeorras “polos Camiños do Sil”, proxectos estratéxicos cofinanciados con fondos europeos FEDER que supoñen unha oportunidade histórica para a transformación do territorio. A Xunta de Goberno aprobou a contratación das asistencias técnicas para a súa execución, cun investimento total de 305.560,64 euros, repartidos en 152.780,32 euros para cada un dos plans.

Estes dous Plans de Actuación Integrados permitirán mobilizar un total de 14,5 millóns de euros, configurando o maior proxecto conxunto con fondos europeos que se desenvolverá durante este mandato. Trátase de iniciativas orientadas ao desenvolvemento territorial, a sustentabilidade, a innovación e a cohesión social, que terán un impacto directo na mellora da calidade de vida da cidadanía e na dinamización económica da provincia.

Cooperación municipal

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou un novo paquete de axudas de cooperación municipal por importe de 482.899,96 euros, destinadas á execución de actuacións concretas en dez concellos da provincia. Estes investimentos están orientados á mellora de servizos básicos e infraestruturas municipais, especialmente nos concellos máis pequenos.

As axudas aprobadas benefician aos concellos de A Mezquita, Leiro, Baños de Molgas, Chandrexa de Queixa, Esgos, Oímbra, Rairiz de Veiga, Rubiá, Verea e Vilardevós.

Client Challenge

O presidente provincial destacou que estes acordos reflicten “o compromiso da Deputación co desenvolvemento equilibrado da provincia, apostando por investimentos reais, aproveitando os fondos europeos e reforzando a cooperación cos concellos”. Deste xeito, a Deputación de Ourense continúa impulsando proxectos estratéxicos e investimentos concretos que contribúen á dinamización do territorio e á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia.