A Deputación mobiliza máis de 725.000 euros en axudas a 100 entidades deportivas
Tamén se aprobaron axudas, por un importe de 364.818,72 euros para diversas obras e servizos nos municipios de Verín, Allariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada, Nogueira de Ramuín, San Amaro, San Xoán de Río e Toén.
No tocante ás subvencións a clubs deportivos da provincia de Ourense, a Xunta de Goberno resolveu o concurso, estimando -previa resolución da Comisión de Valoración das bases e convocatoria- as peticións dun total de 100 entidades, cun importe total de 349.174,24 euros.
Respecto ás axudas a municipios, aprobáronse achegas por un importe total de 364.818,72 euros, para diversas obras e servizos nos municipios de Verín (neste caso, foi concedida a un asilo desta vila), Allariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada, Nogueira de Ramuín, San Amaro, San Xoán de Río e Toén.
No que atinxe ás subvencións concedidas a diversos municipios da provincia, foron 8 os beneficiarios, unidos aos 5 que aos que se lle aprobaron modificacións en axudas previamente concedidas. En Allariz, a achega foi de 25.000 euros para a axecución do proxecto de escavacións de Armea – Santa Mariña. Para o cofinanciamento do obradoiro de emprego para arranxo de lavadoiros de Boborás consignáronse 27.558,72 euros. Castrelo de Miño percibe 48.000 euros para a execución da obra de capa de rodadura no camiño de Meizo ao Vedado, así como outros 48.000 euros para a reconstrución de muros de sostemento en Souto de Castrelo e Vilela. Dúas subvencións axudarán ao Concello de Cortegada a executar a obra do parking de autocaravanas (48.000 euros), así como para o cofinanciamento de proxectos coa Xunta de Galicia (35.000 euros).
Para a mellora de camiños rurais en Nogueira de Ramuín aprobouse unha axuda de 48.000 euros, mentres que para arranxos de instalacións municipais en San Amaro consignáronse 28.000 euros. En San Xoán de Río concedeuse unha subvención de 20.000 euros para a reforma do local municipal para cazadores; e o Concello de Toén percibirá unha achega de 48.000 euros para o proxecto e humanización en Moreiras.
En Verín, a subvención foi concedida a unha entidade asistencial. En concreto, aprobouse unha axuda a favor do asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Verín, por importe de 36.870 euros para o proxecto dun elevador que dote deste servizo á residencia de maiores.
Nos casos de Punxín, Laza, Lobeira, Lobios e Paderne de Allariz, foron aprobadas modificacións de subvencións xa concedidas para obras: para a construción dun depósito de auga en Cabaleiros, arranxo de vías municipais, as gradas do campo de fútbol e mantemento do manancial de San Xés, respectivamente, sen variación nos seus importes, que suman un total de 240.000 euros.
Por último, a Xunta de Goberno en relación á expropiación forzosa para a execución das obras de acondicionamento e mellora integral na OU-1212 Bande (OU-540) – Portugal, no termo municipal de Lobios, aprobou ter por declarada de utilidade pública a mesma e acordando definitivamente a necesidade de ocupación, con carácter urxente, dos bens e dereitos necesarios para a execución destas obras, incluídas no Plan Provincial de Cooperación de 2023, aprobado polo Pleno da Deputación o 24 de febreiro de 2023.
Tamén foi aprobada unha modificación, no XVII Certame de Artes Plásticas, dotado con 12.000 euros, dos que 5.000 euros serían para o primeiro premio; 3.000 euros para o segundo (inicialmente eran 2.000 euros); 2.000 euros para o terceiro (inicialmente eran 1.000 euros) e dous áccesit de 1.000 euros cada un (duplicándose así a cuantía prevista, de 500 euros por cada áccesit).