Investimentos

Deputación e CEO reivindican mellores conexións por estrada e tren

Luis Menor destacou “o importante esforzo” que se está a realizar para crear solo empresarial, “fundamental” para atender as necesidades actuais e poder “captar novos investimentos” na nosa provincia.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Deputación e CEO reivindican mellores conexións por estrada e tren | Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense e a Confederación Empresarial de Ourense alíanse para reivindicar mellores conexións por estrada e tren na provincia, máis solo industrial e captación de investimentos empresariais para Ourense.

No que se refire a esa creación do solo empresarial cabe destacar que, actualmente, está rematada esa ampliación de Xinzo, está a punto de adxudicarse as obras de ampliación do Polígono de San Cibrao e avanzando nos trámites da mesma no de Pereiro, así como a creación de máis dun millón de metros de solo industrial no Carballiño-Maside, lembrou o presidente da Deputación.

Neste sentido, Luis Menor destacou “o importante esforzo” que se está a realizar para crear ese solo empresarial que é “fundamental” para atender as necesidades actuais das empresas co obxectivo de poder “captar novos investimentos” na nosa provincia.

A oferta de solo industrial ligada á mellora das comunicacións, así como lograr infraestruturas que son clave para o tecido produtivo ourensán, permitiríanos “competir e captar investimentos” no territorio e, polo tanto, “crear emprego, xerar riqueza e afianzar poboación na provincia”, explicou Luis Menor.

Así mesmo, comprometeuse a colaborar coa CEO para cubrir esa necesidade de man de obra das empresas cooperando con ofertas formativas que dean resposta a estas reivindicacións. Ao fío disto, tamén abordaron a problemática da vivenda, -común á sociedade en xeral-, pero especialmente neste sector, xa que é imprescindible para poder captar novos traballadores á provincia de Ourense.

Client Challenge

Pola súa parte, o novo presidente da CEO agradeceu “esa colaboración histórica” que mantén a Deputación con esta entidade para “potenciar” conxuntamente as necesidades de infraestruturas, investimentos e solo industrial que son “tan importantes para a provincia”.