CulturaA Deputación e a Academia Galega do Audiovisual levarán á provincia o cine galego máis actual
Cinco salas acollerán desde o 26 de marzo e ata decembro -agás xullo e agosto- proxeccións mensuais, con acceso gratuíto, das películas finalistas dos premios Mestre Mateo
Na presentación do ciclo, a deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres, destacou que este proxecto é o resultado do compromiso do presidente da Deputación, Manuel Baltar, en apoio da academia, “que ademais inclúe a celebración en Ourense da gala dos premios Mestre Mateo no ano 2023”
A vogal da academia Saamira Ganay agradeceu “o apoio decidido e incondicional da Deputación en todo o que ten que ver co audiovisual galego”. Sen este compromiso, sinalou, “sería imposible levar a cabo unha iniciativa que consideramos tan necesaria como ilusionante”
Óscar Gómez
Ourense | 27.01.2022 12:02