O PP culpa a Jácome da presencia de xabarís na cidade e minte o culpar a Xunta
“Coma sempre, Jácome evita asumir a súa responsabilidade e busca culpables aínda que sexa mentindo. Neste caso en concreto, a Xunta non pode intervir en núcleo urbano de Ourense e tampouco é propietaria de ninguna leira que albergue xabarís" sinala o PP.
O principal problema da presenza de xabarís no núcleo urbano de Ourense vén de animais que estableceron o seu hábitat en leiras urbanas sen limpar que, ademais, están a incumprir a lei de incendios. Desde o Grupo Municipal do PP lémbrase que o Concello é o responsable de facer cumprir esta lei, algo que non está sucedendo pola extrema deixadez do alcalde actual Jácome. Ademáis, Jácome minte ao culpar á Xunta da presenza de xabarís e oculta que o Concello é o responsable de incumprir a Lei de Incendios en Núcleo Urbano.
Sinalan os populares que o pasado 9 de xaneiro celebrouse unha reunión, a instancia da Xunta de Galicia, na Subdelegación de Goberno, na cal as conclusións foron compartidas por todos:
1- O Concello ten que facer limpar as dúas grandes parcelas situadas na trama urbana de Covadonga, nas cales habitan dúas manadas de xabarís de sete e nove exemplares, respectivamente. Con esta medida os animais desprazaríanse cara o entorno forestal onde sería máis sinxelo actuar.
2- A Xunta de Galicia ofreceu a instalación de gaiolas/trampas para o que o Concello debería facilitar a localización e autorización das mesmas; e facilitar a xestión do animal unha vez capturado. Naquela reunión do pasado 9 de xaneiro facilitouse o contacto para iniciar os trámites, pero a día de hoxe o Concello non fixo ningunha solicitude ao respecto.
3- Os técnicos da Consellería Medio Ambiente van realizar un estudo do fluxo de xabarís cara ao núcleo urbano de Ourense.
Así, e á vista do fixado naquela reunión para abordar o problema da irrupción de xabarís na trama urbana da cidade, queda de manifesto que, coma sempre, Jácome minte ao culpar á Xunta da presenza de xabarís e oculta que o Concello é o responsable de incumprir a Lei de Incendios en Núcleo Urbano. E isto é porque a Xunta non pode intervir en núcleo urbano e tampoco é propietario de ninguna leira na que están establecidos estes animáis.
O Executivo Autonómico tamén ofreceu trampas/gaiolas, pero 20 días despois da reunión, o Concello aínda non solicitou a instalación das mesmas, o cal evidencia o nulo interese de Jácome por solucionar este problema, algo que tamén queda claro pola falta de xestión para facer cumplir a Lei de Incendios en Núcleo Urbano, que é de aplicación durante todo o ano.