Culminada a rehabilitación da casa reitoral de Xinzo
A reforma integral da casa reitoral, terá usos parroquiais, culturais e sociais.
O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu tarde á inauguración da casa reitoral de Xinzo de Limia, rehabilitada para usos parroquiais, culturais e sociais. Un proxecto que contou cun investimento do goberno provincial, dentro dun acordo de colaboración co Concello de Xinzo, a Xunta de Galicia e o Obispado de Ourense. Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo obispo de Ourense, Leonardo Lemos; a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Rosendo Fernández valora a importancia dunha actuación que realiza un “acondicionamento integral” dun edificio que sufría humidades, ademais de habilitar tres vivendas para sacerdotes da parroquia no primeiro piso e a recuperación de pezas arquitectónicas tradicionais. O vicepresidente primeiro tamén destaca a importancia dos “novos espazos que terán asociacións como Cáritas na parte inferior da casa reitoral”.
Esta obra, reivindica Rosendo Fernández, pon en valor a importancia da “cooperación entre administracións públicas, un eixo imprescindible na folla de ruta da Deputación de Ourense, sempre disposta a atender as necesidades dos concellos, entidades e asociacións ourensáns”.