Medidas Covid

Cribados masivos en Ourense, Barbadás e Ribadavia

As probas PCR serán notificadas por SMS aleatoriamente, no que será o maior cribado de Galicia

Óscar Gómez

Ourense | 21.01.2021 08:50

La plantilla del Real Mallorca se somete a las pruebas de detección del coronavirus | Real Mallorca

O Sergas está optando polos cribados masivos en concellos con especial incicendia do virus e a cidade de Ourense será a primeira das grandes cidades galegas onde será desenvolvida esta experiencia. Así, 8 mil ourensáns serán citados para unha proba pcr ou de antíxenos esta fin de semana no recinto feiral de Expourense co propósito de detectar asintomáticos.

Pruebas Covid | Onda Cero

O Alcalde, Gonzalo Jácome, pedíu a máxima colaboración ós veciños ó través das redes sociais. Pero hoxe están citados tamén 2 mil veciños de Barbadás, ás tres da tarde, no polideportivo municipal para este tipo de cribados que tamén serán realizados mañá venres en Ribadavia onde están citadas 750 persoas, no edificio Alameda, para a realización de tests de antíxenos.