O Concello de Ribadavia proxecta a rehabilitación de dúas viviendas públicas
A Comisión do Plan Especial do Casco Histórico do Concello de Ribadavia aprobou o Proxecto Básico de Rehabilitación dun edificio da Xunta para dúas vivendas públicas.
A edificación situase na praza de San Xoán, nº3, tratase dun inmoble adquirido pola Xunta en 2021 a través do IGVS e cuxo proxecto fora adxudicado en setembro de 2022, xunto con outro ubicado na praza García Boente, que aínda se atopa en fase de redacción e que en breve será ditaminado tamén pola Comisión do Plan Especial do Casco Histórico.
Ambos foran adxudicados por un total de 121.115 euros para a redacción dos seus proxectos de rehabilitación, e adquiridos ao amparo do Programa Rexurbe por un importe de 238.000 euros pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
A Comisión PERI ven de dar luz verde a esta rehabilitación que permitirá ofertar dúas vivendas públicas en Ribadavia, ao mesmo tempo que posibilitará o remate desta edificación situada na praza de San Xoán ao carón da igrexa románica e que se atopa desde fai anos en fase de construción parada.
Esta edificación ten a fachada principal na praza de san xoán, mentres que a fachada lateral limita coa horta e xardín da igrexa e da casa reitoral de Ribadavia. O proxecto contempla o retranqueo da fachada, permitindo liberar a esquina da actual vivenda adosada á torre campanario, buscando darlle maior visibilidade e protagonismo á torre campanario.
A esta nova rehabilitación, hai que sumarlle o Proxecto do inmoble da rúa Cervantes, nº 16, aprobado na Comisión de novembro e que actualmente atopase xa en fase de execución, polo que se atopa na última fase antes da súa adxudicación.
Estas 2 actuacións, praza San Xoán e Rúa Cervantes, xa aprobadas na Comisión PERI súmanse a outras en marcha en Ribadavia, como é a que se levará a cabo no inmoble da praza García Boente, cuxo proxecto tamén se atopa en fase de redacción e que será a próxima en acudir a esta Comisión. Esta edificación é a de maior tamaño e contempla 5 vivendas.
Ademais, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ten adquiridas 4 inmobles máis no marco da oferta pública de adquisición tamén do programa Rexurbe 2022, dúas na Travesía da Portanova, outra na rúa Portanova de arriba, e unha cuarta na rúa de Santiago.