Ourense Cidade

O Concello presenta a proposta definitiva das novas liñas de autobús

O servizo contará cun 20% máis de vehículos en circulación simultánea para reducir un 30% o tráfico privado na cidade, contará cunha liña troncal de alta frecuencia, de menos de 8 minutos, desde O Vinteún ata a Residencia pasando polo centro

Óscar Gómez

Ourense | 08.11.2022 10:41

Bus urbano ourense | youtube

Os cambios marcarán “un antes en un despois na mobilidade de Ourense cidade”, avanza Pérez Jácome. Así, explica que a configuración das novas liñas contempla xa incrementar o 20% o número de condutores de autobús e isto permitirá pasar dos 35 autobuses simultáneos actuais, aos 42. Será, detalla o rexedor, “un servizo Premium de autobús co cal poderíase reducir un 30% o tránsito de vehículos privados: isto redundaría en calidade de vida, ao contribuír á redución da contaminación, o ruído e os problemas para aparcar vehículos, así como a fomentar a convivencia cos peóns”. O novo deseño deparará tamén consecuencias positivas en clave de aforro económico, xa que o custo repercutido do autobús é inferior ao do uso do coche individual.

O novo deseño Alpha 3.0 consegue unha liña troncal de alta frecuencia de menos de 8 minutos, entre o barrio do Vinteún e a Residencia, pasando polo centro e o pavillón dos Remedios.

Os barrios de Berrocás, A Cuña, Mariñamansa, a contorna de Expourense... conéctanse co centro e a estación cada 15 minutos.

O barrio do Couto pasa a ter un autobús á residencia cada 15 minutos no canto de cada 60.

O de San Francisco pasa a ter un autobús cada 15 minutos, no canto de cada 35.

O da Milagrosa pasa a ter bus cada 30 minutos, no canto de cada 60.

O campus pasa a ter autobús cada 15 minutos e queda conectado ao centro, á estación e a outros barrios, ademais doutras moitas melloras...

Liña Circular | onda cero

RUTAS NOVAS:

** Liña 0, Gran–Circular en ambos os sentidos (cada 15 minutos):

Residencia – A Saínza – Pena Trevinca – Auditorio – Habana – Parque S. Lázaro – Curros Enríquez – Avda. Castelao – Campus – Avda. Otero Pedrayo – As Lagoas – Avda. Marín – Estación intermodal – Xulgados/Pavillón – Dalí – Praza do Couto – Avda. Portugal – O Posío – Residencia.

** Liña Norte–Sur (variante Oeste) (cada 15 minutos):

As Eiroás – Covadonga – Praza da Mariña – Parque da Ponte – Estación intermodal – Ponte do Milenio – Xulgados/Pavillón – Concepción Arenal – Parque S. Lázaro – Alameda – O Posío – Avda. Zamora – Residencia/Saínza – Rotonda da Farixa – Mariñamansa / U. Laboral – Expourense – Seixalbo – Alto do Cumial.

** Liña Norte–Sur (variante Leste) (cada 15 minutos):

Sexto Instituto – Avda . Santiago – Praza da Mariña – Parque da Ponte – Estación intermodal – Ponte do Milenio – Xulgados/Pavillón – Concepción Arenal – Parque S. Lázaro – Alameda – O Posío – Avda. Zamora – Residencia / A Saínza – Residencia/Ramón Puga – Novo Berrocás – Berrocás (estrada da Granxa)

** Liña Virtual (cada 7:30 minutos):

Produto das 2 líñas Norte-Sur, é a ruta troncal común de 5 km, que vai desde a Praza da Mariña ata a Residencia.

Liña Alta Frecuncia | onda cero

FINAIS DE LIÑA:

** Instituto do Couto, rotonda Vistafermosa (cada 20 minutos)

** UNED/Antiga estación de autobuses (cada 25 minutos) (amais doutros buses próximos)

** A Valenzá (cada 25 minutos)

** San Francisco Express (cada 25 minutos). San Francisco e Berrocás a Centro Saúde/Universidade Laboral

** Oira (cada 30 minutos)

** Cabeza de Vaca (A Carballeira) (cada 30 minutos)

** A Milagrosa (cada 30 minutos)

** Santa Cruz de Arrabaldo (Untes, Quintela) (cada 35 minutos)

** Reza (Vistafermosa cima) (cada 35 minutos)

** Ceboliño (cada 35 minutos)

** Velle (Lonia) (cada 35 minutos)

** Santa Marina (Cuartel, Estrada da Granxa) (cada 35 minutos)

** Cudeiro, O Viso (cada 40 minutos)

** As Curuxeiras (Rairo) (cada 40 minutos)

** Palmés (Vilar de Astrés) (cada 60 minutos)

** A Chavasqueira, Eirasvedras, Peliquín (cada 80 minutos)

** Fechos - Fonsillón – Rabo Galo – Mende – Polvorín – Mende e Velle: as mesmas frecuencias múltiples cas actuais.

Outros:

** Moucho Buses: 2 rutas nocturnas con frecuencias múltiples

** Tren Termas Turístico: Paseo Termal e centro de Ourense, con frecuencias múltiples

** Outros destinos: poderíanse dispensar baixo demanda, a través de taxi ou vehículo con condutor