Concello de ourense

O Concello presenta a cidade como destino turístico en Fitur: “Ourense, corazón do Camiño”

A concelleira de Turismo, Flora Moure, destaca que “o feito de que se fale de Ourense en Fitur é un dos mellores escaparates mundiais para as potencialidades turísticas da nosa cidade, e por iso a campaña, articulada en torno ao Camiño de Santiago e a potenciación da Vía de la Plata, é unha oportunidade inmellorable para aproveitar os esforzos da Axencia de Turismo de Galicia na promoción do Xacobeo”

A campaña que presenta o Concello busca situar Ourense como destino de referencia para os que acoden a Compostela a través do Camiño Mozárabe, nunha viaxe repleta de experiencias ofertada pola capital das Burgas que é parada imprescindible, tanto para os peregrinos en tránsito como para os que inician o Camiño en Ourense

Óscar Gómez

Ourense | 18.01.2022 09:26

O Concello presenta a cidade como destino turístico en Fitur: “Ourense, corazón do Camiño” | onda cero

“Ourense, corazón do Camiño”, é o título da campaña de promoción turística que levará a cidade de Ourense a Fitur 2022. Así, a presentación da cidade terá lugar este xoves 20 de xaneiro, ás 15:00 horas no expositor da Axencia de Turismo de Galicia da Feira Internacional de Turismo máis importante do mundo, Fitur.

A concelleira de Turismo, Flora Moure, destaca que “o feito de que se fale de Ourense en Fitur é un dos mellores escaparates mundiais para as potencialidades turísticas da nosa cidade, e por iso a campaña, articulada en torno ao Camiño de Santiago e a potenciación da Vía da Prata, é unha oportunidade inmellorable para aproveitar os esforzos da Axencia de Turismo de Galicia na promoción do Xacobeo”.

A campaña que presenta o Concello busca situar Ourense como destino de referencia para os que acoden a Compostela a través do Camiño Mozárabe, nunha viaxe repleta de experiencias ofertada pola capital das Burgas que é parada imprescindible, tanto para os peregrinos en tránsito como para os que inician o Camiño en Ourense, dado que a distancia de 100 km que separa a cidade ourensá con Santiago é o mínimo imprescindible para acadar a Compostela, polo que debe mostrarse como punto de inicio do Camiño.

A presentación posicionará Ourense como elemento diferenciador entre os turoperadores e medios especializados en Turismo de todo o mundo, tendo como fío conductor o Camiño de Santiago neste Ano Santo Xacobeo.