O Concello premia os centros educativos participantes na San Martiño
Cada centro que clasificou 25 nenos/as recibiu un vale por 120 euros en material deportivo, con premios adicionais de até 300 euros para os que máis clasificaron.
O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu a entrega de premios aos centros educativos de Educación Primaria e Secundaria da cidade pola participación do seu alumnado na carreira pedestre popular do San Martiño 2022, nas categorías escolar e de cativos/as. O alcalde de Ourense e presidente do Consello Municipal de Deportes, Gonzalo Pérez Jácome nas categorías escolar e cativos/as fixo entrega dos diferentes premios aos/as representantes dos centros.
De acordo co Regulamento da carreira, reciben un premio de 120 euros en material deportivo todos os centros que contaron cun mínimo de 25 deportistas clasificados/as, é dicir, que completaron a carreira. Ademais, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros de Secundaria e Bacharelato recibiron un premio adicional de entre 300 euros (1º), 250 (2º), 200 (3º), 150 (4º), 120 (5º) e 100€ (6º).
En total, foron 16 os colexios de Primaria que sumaron 25 ou máis atletas que completaron a carreira, e os que maior participación tiveron foron CEIP Prácticas (129), Santa Teresa Carmelitas (112), María Auxiliadora Salesianos (103), CEIP Mestre Vide (84), Maristas (65) e Franciscanas (49).
En Secundaria, 14 centros pasaron de 25 deportistas, e os que maior número de participantes clasificados tiveron foron IES O Couto (120), IES Otero Pedrayo (118), María Auxiliadora Salesianos (100), Franciscanas (99), IES As Lagoas (97) e Colexio San José Josefinas (90)