Concello de ourense

O Concello pon en funcionamento unha fonte con chorros de auga no parque do Couto

O proxecto do goberno municipal continuará coa instalación de novos elementos acuáticos nos barrios de Barrocás, A Cuña, Santa Teresita, A Carballeira e A Ponte.

Óscar Gómez

Ourense | 12.09.2022 08:46

O Concello pon en funcionamento unha fonte con chorros de auga no parque do Couto | onda cero

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome puxo onte en funcionamiento a primeira fonte seca do proxecto deseñado polo Concello para humanizar os parques dos barrios de Ourense.

As persoas usuarias do Parque do Ingabad, no barrio do Couto, poden desfrutar xa dunha zona de chorros para xogos. A instalación, executada pola empresa ourensá Vázquez Arias, está adaptada ás novas medidas ambientais en materia de reciclaxe da auga, desinfección (depuración por bomba de arena e raios ultravioleta].

Nunha semana abrirá a segunda instalación da promesa feita polo alcalde: a fonte seca no Parque Angelita Paradela, en Barrocás. Seguirán nos barrios da Cuña, Santa Teresita, A Carballeira e A Ponte.