Ourense Cidade

O Concello de Ourense fomenta a aprendizaxe do inglés a través da obra 'Three stories of England'

Utilízase o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimule a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, e tamén para dar a coñecer autores e obras da literatura inglesa.

Óscar Gómez

Ourense | 15.02.2023 09:05

O Concello de Ourense fomenta a aprendizaxe do inglés a través da obra 'Three stories of England' | onda cero

O Concello de Ourense retoma a actividade de teatro en lingua inglesa para o alumnado de Educación Secundaria dos centros de ensino da cidade coa obra Three stories of England. Tres historias curtas que rondan os quince minutos ambientadas na Inglaterra do século XVI: un drama, unha comedia e un conflito moral dos que Shakespeare e a raíña Elizabeth, entre outros, forman parte.

O Concello de Ourense fomenta a aprendizaxe do inglés a través da obra 'Three stories of England' | onda cero

A esta iniciativa da Concellería de Educación, na sala principal do Auditorio, asisten 1.200 alumnos e alumnas de 18 centros de ensino da cidade repartidos en dúas sesións de 60 minutos cada unha delas: ás 10.00 e ás 12.00 horas. As representacións inclúen unha unidade didáctica previa para preparar o vocabulario e o contido na aula, así coma un posterior coloquio cos actores e actrices protagonistas.

Os obxectivos que persegue esta área municipal son os de utilizar o teatro como ferramenta lúdica e pedagóxica que estimule os alumnos e alumnas na aprendizaxe dunha lingua estranxeira, pero tamén dar a coñecer autores e obras da literatura inglesa.