O Concello de Ourense executou obras de mellora de camiños
O Concello de Ourense rematou recentemente unha serie de actuacións desti-nadas á mellora de diferentes camiños de titularidade municipal que se atopa-ban nun estado deficiente de conservación.
Os traballos supuxeron un investi-mento total de 96.609,73 euros. As melloras consistiron na pavimentación dos camiños, mediante misturas bituminosas en quente, na rúa Verea Real de Sei-xalbo, cun investimento de 18.716,12 €, na rúa Souto Sanín, por importe de 29.622,62, e na estrada de Abeleda - As Madornas, por 48.270,99 €.
O Concello reforza a sinalización para mellorar a seguridade viaria en diferentes rúas da cidade
A Concellería de Seguridade Cidadá co Concello de Ourense, en colaboración coa Policía Local de Ourense, continúa levando a cabo a segunda parte da programación de reforzo da sinalización viaria na cidade. Esta actuación inclúe tanto a reposición daquela sinalización que se atopa en estado defectuoso, como daquela outra que require dun reforzo para garantir unha maior seguridade viaria, tanto para o tránsito peonil como o de vehículos.
Dentro desta a programación, están a levarse a cabo distintas iniciativas e traballos, entre os que salientan:
· Rúa Xesús Pousa: Nova sinalización horizontal dunha nova glorieta (con delimitación de carrís, ceda o paso, frechas direccionais e pivotes).
· Sinalización de prazas de mobilidade reducida na rúa Dalí e na Avenida de Bos Aires.
· Sinalización de prazas de motos na rúa Salvador Dalí e a Avenida de Santiago.
· Cambio de sinalización vertical de perigo, que se atopaba deteriorada, na zona de Pena Trevinca. Tamén se cambiou esta sinalización en Emilia Pardo Bazán e Antón Faílde
· Repintado de pasos de peóns en Río Xares-Río Mao
· Repintado de zonas de carga e descarga así como paradas de autobús en diversas rúas da cidade.